PECHEMOS AS PORTAS AO FASCISMO

CONCENTRACIÓN SÁBADO 24 NA PRAZA DA

 

FONTE DO GALO

 

 

UNIDADE ANTIFASCISTA

NENGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA

COMUNICADO!;

A Xuventude Comunista quere mostrar a máxima condea e repulsa fronte ao brutal asasinato dun mozo antifascista de 16 anos e o apuñalamento doutro mozo perpretados por un neonazi, en Madrid, así como fronte á brutalidade policial que deixou gravemente ferido a outro mozo a causa do impacto dunha pelota de goma contra a súa cabeza.

 

Unímonos á dor de todas e todos as compañeiras e

compañeiros antifascistas e queremos mostrar as nosas condolencias e toda a solidariedade coa familia e as compañeiras e compañeiros do mozo antifascista asasinado nestes duros momentos.

 

Mostramos a mesma solidariedade cos feridos, aos que desexamos unha pronta recuperación.

 

A Xuventude Comunista súmase ás concentracións de repulsa convocadas en outras cidades do país e animamos a toda a xuventude a participar das mesmas.

 

Facemos un chamento á unidade na loita contra o fascismo e a impunidade.