“Sobre o Autor do Blog”:

Chámome André Sánchez Gálvez, nascín no ano 1990, o día 5 de maio, data moi significativa, posto que, ese mesmo día, pero dun 1818 nasceu K. Marx, principal ideólogo do comunismo, un mesmo día coma ese no ano 1890 se promulga a Lei de Sufraxio Universal en España(pero as mulleres aínda non o logran até a II República), o 5 de maio de 1944 Gandhi é liberado despois de 21 meses de arresto, 1945 golpe antifascista en Praga, entre outros moitos acontecementos importantes acaecidos un 5 de maio.

Traballo como empacador de mariscos nunha depuradora.

Son militante da Xuventude Comunista Galega (X.C.G.) no Colectivo Territorial de Ogrobe, onde exerzo a función de Responsábel de Movementos Sociais e son activista de Greenpeace e de Amnistía Internacional. Son punk e cantante nun grupo dese xénero musical.

“Que é o Proxecto Sintonninson?”

FUNDADO O 17 DE OUTUBRO DE 2007, sintonninson, é un proxecto comezado por min, no que postean non só eu, se non máis persoas coñecidas miñas, con inquetudes socio-políticas semellantes ás miñas. Este proxecto ten como obxectivo concienzar ás persoas deste miserábel anaco de pedras (a terra), de que xa é hora de actuar contra a inxustiza, a impunidade e a opresión. Temos como obxectivo informar para concienciar, e cantos máis nos apoien mellor.

Este Blog, está a favor da creación dun dominio galego (.gal).

O nome, non ten ningún significado nin proveniencia significativa, OU SE CADRA SI…

Por favor, sería de gran axuda que os que entrades na web corrades a voz, entredes a miúdo e pasedes entro os vosos coñecidos o enlace á web. Pouco a pouco tentaremos mudar un pouco a sociedade dende este pequeno recunchiño…

Información sobre actos de Greenpeace, sobre a Xuventude Comunista Galega, actos culturais, políticos… todo vale! E se queredes que posteemos algo por vós, non tedes máis que mandarnos un mail có texto, se pode ser acompañado dunha imaxe, aos correos de contacto abaixo indicados, e poñedes como asunto “Proxecto Sintonninson”.

MOITAS GRAZAS! e a seguir visitándonos!!!

República, Comunismo e Liberdade!

Sintonninson

Para contactar: capitamgz@hotmail.com; andresanchez.xcg@gmail.com

BANERS:

LOITEMOS XUNT@S! AFÍLIA-TE

Leave a Reply