Proxecto Sintonninson

“A Revolta Sinsentido”

ESCALADORES DE GREENPEACE DESPREGAN UNHA PANCARTA XIGANTE NA SEDE DE ENDESA

Hoxa, ás sete da mañá activistas de Greenpeace despregaron unha pancarta xigante na sede da eléctrica española ENDESA, pedindo á empresa que non leve a cabo o seu maléfico e destructor plan de construir 5 presas na patagonia chilena.

Greenpeace protesta desta maneira contra o proxecto “HidroAysén”, do que é socia maioritaria ENDESA,  e que pretende construir cinco grandes presas hidroeléctricas na Patagonia chilena. Estos proxectos se asentarían sobre os ríos Baker e Pascua, ambos completamente vírgenes, inundando miles de hectáreas de paraxes de gran valor ecolóxico.

o consumo de enerxía prodúcese fundamentalmente no norte de Chile, razón pola cal esta rede de presas debe complementarse coa construcción dunha rede eléctrica de alta tensión que atravesaría o país de norte a sur. En  total máis de 2.300 kilómetros de línea eléctrica afectando a moitos espacios naturais.

“De levarse a cabo, estos proxectos serían só os primeros dunha serie de presas que inundarían a Patagonia chilena danándoa de forma irreversíbel”, declarou Rodrigo Herrera, director de Greenpeace en Chile. “Temos vido a España a pedirlle a ENDESA, unha vez máis, que non destrúa a Patagonia. Eles dixeron que en Xuño van presentar os estudos para as represas e en 2009 entregarán os informes para a línea de transmisión. Non ten sentido seguir con este proxecto e o que deben dicir é que abortarán a idea de represar a Patagonia”, engade.

A pesar de que o proxecto se vende como unha iniciativa para xerar enerxía para o pobo chileno, o certo é que o meirande crecemento proxectado da demanda eléctrica utilizaríase pola minería, e máis en concreto para alimentar con enerxía aos grandes novos proxectos das multinacionais mineiras, como o controvertido Pascua Lama, entre outros.

“As empresas españolas deben actuar con responsabilidade alí onde estean presentes. ENDESA sabe que hai alternativas enerxéticas ao proxecto “HidroAysén”. O que  estamos a pedir agora, levamos meses demandándoo, e é que dunha vez por todas ENDESA aposte polas enerxías renovábeis e evite a destrucción da Patagonia” engade Juan López de Uralde, director de Greenpeace España.

Saúde!

Xullo 21, 2008 - Publicado por sintonninson | Greenpeace Info., Internacional | , , | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario