Proxecto Sintonninson

“A Revolta Sinsentido”

COMUNICADO DA UJCE; ADEUS CAMARADA “TIROFIJO”

Fai uns días abandonábanos o Comandante Manuel Marulanda, “Tirofijo”. Aquel a quen a oligarquía e o imperialismo deran por morto en decenas de ocasións, morreu de morte natural, rodeado polos seus camaradas.

Manuel Marulanda déixanos en momentos difíciles para os procesos de loita e de cambio que vive a patria de Bolívar, sometidos a un constante acoso mediático, político e militar por parte do imperialismo e das oligarquías locais. Este acoso ten a súa máxima expresión nas políticas que o fascista Álvaro Uribe aplica en Colombia, baixos as ordes da Casabranca contra as forzas populares, políticas, sindicais, sociais e guerrilleiras.
Tirofijo foi un dos máis importantes dirixentes guerrilleiros que deu o pobo latinoamericano. Fiel ao marxismo-leninismo, posuidor dunha excelente visión táctica e estratéxica, firme na defensa do programa e dun compromiso inquebrantable coa loita dos miles de homes e mulleres que loitan contra o imperialismo e polo socialismo en Colombia, en Latinoamérica e no mundo.

Tirofijo foi un dirixente campesiño e un comunista, non un “terrorista” como intentan facer crear o coro mediático servil aos intereses do imperialismo. Alguén a quen tamén “absolverá a Historia”.

Transmitimos o noso pésame ao Secretariado das FARC-EP.

Seguimos apoiando decididamente a loita do pobo colombiano e apostando por unha saída política do conflito armado.

RESISTENCIA!

Xuño 1, 2008 - Publicado por sintonninson | Internacional, Revolución | , , | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario