Proxecto Sintonninson

“A Revolta Sinsentido”

X.C.G. NA MARCHA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Un ano máis, estamos ante unha data de moita importancia simbólica para a cultura galega. Tal día como hoxe de 1863, publicouse por primeira vez dende a Idade Media,  un libro escrito integramente en galego. O camiño comezado por Rosalía de Castro foi logo percorrido por moitos outros e outras.

Este ano homenaxeamos a Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui, foi escritor que chegou a todos os estilos, narrativa, ensaio, poemarios e escribindo incluso relatos infantís. Fundador da editorial Monterrey e de Edicións Castrelos, ingresou na RAG en 1962.

Dende a Xuventude Comunista entendemos a loita pola normalización lingüistica como parte integral dunha loita que atinxe moitos máis ámbitos, a loita polo socialismo e pola liberación nacional. Consideramos que hoxendía existe un desprezo cara a nosa lingua, disfrazado de bilingüismo malchamado harmónico, a situación de diglosia existente no noso pais provoca que a nosa lingua propia, a creación máis importante dos galegos e das galegas, fique relevada a ámbitos privados e culturais, e non se considere axeitada para a vida diaria, para os traballos e os centros de ensino.

Non é un traballo de escritores, nin de políticos, nin de representantes institucionais, a recuperación do galego e a superación da diglosia é un traballo de todos e todas as galegas, dos traballadores e traballadoras, dos e das estudantes. E en particular de nós, de vós, da xuventude.

Pero sobre todo é un traballo que non debe reducirse a un único día 17/05 marcado en vermello no noso almanaque, so existe un día das letras galegas, pero os 365 (ou 366 ) días do ano son días da lingua galega.

NA GALIZA EN GALEGO

POLO DEREITO DE AUTODETERMINACIÓN E A REPUBLICA FEDERAL

Maio 21, 2008 - Publicado por sintonninson | Sociedade, X.C.G. | | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario