Os datos dO paro rexistrados correspondentes ao mes de abril poñen de manifesto a difícil situación laboral dos traballadores da comarca de O Salnés. Xa superan os 7.000, aumentando un 0,7% con respecto aos datos de marzal. Os rexistros alcistas producíronse en Vilagarcía, Vilanova de Arousa, Ribadumia e  Ogrove e os sectores máis perxudicados son a industria e a construción.
En Vilagarcía rexistráronse 2.794 demandantes dun posto de traballo; 44 máis que en marzal.
Por sectores, creceu na área da industria con un 5,9% máis que no mes anterior; seguido da construcción, onde aumentou un 4,7%.

Os maiores de 25 anos suman 2.436 demandas de emprego, a meirande parte mulleres.
Ogrove contabilizou 780 demandas de emprego en abril, o que supón un 0,8% de subida no paro. Neste municipio. En tierras mecas a subida do desemprego ten especial incidencia no sector da construcción, onde subeu a demanda dun posto de traballo un 7,5%.

En Vilanova tamén houbo un aumento de desempregados cun total de 679 demandantes dun posto de traballo, o que significa unha subida do 3%.

-NOTICIA SACADA DE DATOS OFICIAIS-