Abril 28, 2008
Galiza case á cola do transporte “público”
Posted by sintonninson under Sociedade | Tags: ecoloxismo |Hoxe vin nun xornal unha nova que me pareceu, canto menos pesimista.
De todos é sabido que o transporte -mal chamado- público, non é ningunha maravilla. Pero Galiza está no posto número catro pola cola no uso do mesmo. Cando a media supera o 65 viaxes por habitante anuais, en Galiza apenas chegamos aos 24, fronte aos máis de 100 de Aragón, é máis, según datos oficiais o número de viaxeiros descendeu o ano pasado con respecto ao 2006, porén, os dous meses primeiros deste ano rexistraron un meirande número de viaxeiros ca os primeiros meses do ano pasado.
Amig@s… na miña humilde opinión esto non é nada bon, xa sei que non gusta pagar case 4 euros para ir dende Ogrove até Ponte Vedra, pero hai que ter en conta que empregando o noso propio vehículo motorizado contribuimos á contaminación atmosférica e ao quentamento global e demáis problemas ambientais por extensión. Para facer desprazamentos dentro do núcleo urbano vigués, por exemplo (como pode ser calqueira cidade), onde hai un transporte urbano que funciona, non é preciso coller o teu propio automóbil.
Eu, o que faría, sería crear unha empresa pública que cubrira todos os traxectos necesarios en termos de cortas distancias e transporte urbano (que ten que mellorar bastante, ben certo é), e cobraría un prezo mínimo para sufragar os custos precisos. Gravaría en maior medida os impostos sobre automóbiles e primaría todo o que fixera falla o transporte colectivo para evitar masificacións nas estradas, e reducir as emisións de Co2 e outros compoñentos químicos dañinos para o medio ambiente.
Mesmo, queridos compañeir@s e lectores, penso que unha medida interesante sería a de poñer zonas inmensamente amplas para aparcar, que estén comunicadas constantemente cun servizo funcional de autobús, por exemplo en vigo ou pontevedra, que sexa o día que sexa, entre xente da zona que vai ao hospital, de compras, ou a ámbalas cousas, satúranse as rúas da cidade que é unha barbaridade. Xa o teño comentado moitas veces, e moita xente mo ten dito a mín, dado o problema que hai no Grove para aparcar nas datas de festa e celebracións, como na festa do carme, na festa do marisco ou nos carnavais.
Sei que todo isto pode sonar moi idílico, pero penso que é preciso facelo. Pensen nisto amig@s, e empreguen o transporte colectivo, e sobre todo, esixan un transporte PÚBLICO, NON “PÚBLICO”, E REALMENTE FUNCIONAL!
HAÍ VOS VAI!!
Saúde, Comunismo e República.