Proxecto Sintonninson

“A Revolta Sinsentido”

FESTA V ANIVERSARIO DA REVISTA “MUNDO VERMELLO”

Moi Boas;

Onte, día 19 de Abril acudín xunto con uns amigos ao V Aniversario da revista “Mundo Vermello”, que edita a X.C.G. de Vilagarcía de Arousa. Contouse coa actuación de 4 grupos musicais, dos cales só puden escoitar 3 por falta de tempo. A min inpresionoume o segundo grupo, “Es Un Árbol“, grupo de Rock Experimental/ Comedia, moi bóns, e cunha posta en escena ALUCINANTE E MOI DIVERTIDA. Impresionaron moito coa súa calidade musical, cunha voz impresionante e unha calidade instrumental dos seus compoñentes ACOJONANTE.

Por certo, CONSEGUIMOS O AUTÓGRAFO DO GUITARRISTA!!!! ISO, DENTRO DUYNS ANOS VALERÁ MILLÓNS! AJAJAJA.

Despois deste segundo concerto, houbo un mitin. A xente emocionouse moitísimo e non faltaron os vivas á república, á revolución social e a Lenin (estes últimos, comezados por min e por un personaje famoso do concello do grove). Estivo todo moi animado e asistiu bastante xente (eu diría que unhas 200 ou 250 persoas).

P.D: entrade no myspace de “Es un Arbol”, son acojonantes!!!.

sen máis me despido, esto debería ser algo máis extenso, posto que deu para moito a festa, pero teño presa xd.

PARABÉNS Á ORGANIZACIÓN DO FESTIVAL, AOS MÚSICOS E Á REVISTA “MUNDO VERMELLO”, QUE CUMPRA MOITOS ANOS MÁIS!

República, comunismo e Liberdade!

VIVA A REVOLUCIÓN!

Abril 20, 2008 - Publicado por sintonninson | Cultura, Revolución, X.C.G. | , , | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario