CEA REPUBLICANA OGROVE 2008
Moi boas.
Onte, ás 21.30 horas, no hotel “Mar do Norte” de San Vicente de Ogrove, reuníronse máis de 50 persoas para conmemorar a Segunda República Española. Entre os asistentes estiveron, o Alcalde de Ogrove Jose Antonio Cacabelos, María Ángeles Domínguez, concelleira de obras; os nacionalistas e concelleiros Antón Mascato e Victoria Canoura; o concelleiro de Seguridade Cidadá, o galeguista, Alfredo Bea; ou o concelleiro comunista de Xuventude e Emprego, Xan Lamelas. Ademáis, en representación “da xuventude republicana de Ogrove” se deixaron ver membros da Xuventude Comunista Galega do Colectivo Territorial da vila, e outros personaxes do panorama político.
O manifesto do acto, foi lido polo camarada Xan Caneda, presidente da “Asociación pola Memoria Histórica” da vila meca, que resaltou o papel que a Segunda República tivo na sociedade española da época, e que “foi a etapa política de máis avances democráticos na historia do Estado Español e os seus pobos”. Pero chegou máis aló, recalcando a necesidade dunha Terceira República, e facendo fincapé no incoherente e antidemocrático que resulta vivir nunha monarquía “con un rei posto a dedo polo dictador”.
A cea transcurreu entre risas e conversas moi agradábeis, amenizada pola música da banda “Mister Misty Jazz Band”.

Aínda non hai comentarios.







