O CAMIÑO CARA A DEMOCRACIA DO POBO CUBANO?
Bueno, hoxe unha grande noticia nos acompaña: Fidel Castro Ruz, renunciou ao seu cargo como presidente de Cuba. Ese personaxe que dirixeu a revolución que libertou ao pobo cubano da tiranía dos EEUU.
Comeza así, unha nova etapa en Cuba, que durante os derradeiros anos de presidencia de Castro, se foi afundindo máis e máis. Podemos reprocharlle a Castro moitas cousas, pero NON TODO O FIXO MAL. Castro, deséxolle o mellor para o pouco que lle queda de vida, disfrute dos millóns que corresponden aos cubanos (unha das cousas que fixo mal).
Pero a cuestión agora é a seguinte:
Eu pregúntome, e supoño que tod@s nestes momentos de incertidume, se o seu “irmanísimo” vai seguir coa actual política de armas e submisión dos cubanos, ou de verdade van a mudar as cousas. Espero que así sexa, e os políticos cubanos muden as súas formas. Cuba promete señores! pode convertirse no primeira país da Terra cun sistema verdadeiramente democrático, baseado no verdadeiro socialismo. Xa contan cunha educación gratuita (aínda que algo precaria), os cubanos teñen a súa alimentación gratuita, pero non é suficiente, as cartas de racionamiento son escasas porque non hai alimentos. Teñen que deixar de centrarse no cultivo do tabaco para facer habanos para “os señoritos ricos de Europa”, e aproveitar as terras para cultivar máis alimentos. Apostar por unha colectivización do terreo, e traballala por igual. Pero iso non é cousa só dos políticos, se non tamén dos cubanos, que se deben poñer “mans á obra” para levantar un país derruído pola política irresponsábel, a guerra e o vaguerío de moitos.
Tamén lle toca aos EEUU, que deixen de tocar os collóns e por fín levanten o bloqueo. Cuba conta con os mellores médicos do mundo, pero sen menciñas, non poden facer gran cousa.
Despois, estaría o que na miña opinión, é casequé imposíbel que pasara:
A abolición do exército, e o verdadeiro comunismo, con o seu correspondente abolicionismo do Estado. O IDEALISMO PURO E DURO!!
jajajaja…. sería maravilloso ver por fin, un verdadeiro paraíso como é cuba, sen ter que cruzarte con camións do exército pola rúa, con mulleres prostutuíndose, con Europeos que só van a facer turismo sexual……
CUBA, ERES FERMOSA, NON DEIXES QUE TE DESTRÚAN MÁIS!
ADICADO A UN VERDADEIRO HEROE, FONTE DE INSPIRACIÓN, E ESPERANZA DE LIBERDADE.

COMUNISMO E LIBERDADE!
Aínda non hai comentarios.







