Simplemente, grandioso, cunha asistencia que non era a esperada, cunha ventas de entradas superior ás 150, e, despois de comezado o festival, cando xa non se cobraba entrada, entrou máis xente. En total o cálculo aproximado é de 200 e pico persoas.

Os primeiros en tocar, foron os “Schizophrenic Housewives”, cun sonido brutal, letras simples e pegadizas, e sobre todo, unha sensación que faría voltar a calquer amante da música punk aos seus mellores momentos, con esa guitarra tan feroz e rápido e unha batería verdadeiramente agresiva.  Disfrazados, e cunhas gafas sicodelicas, foron a alma da festa durante a (aprox.) media hora que tocaron.

En segundo lugar; o grupo de PopRock Alternativo “Alto Volta”, tocou unha música algo máis “tranquiliña” e melodiosa, que, persoalmente, a min non me gustou, pero moita xente disfrutou da voz de Nesto e a guitarra de Xous (o máis salientábel do grupo, a calidade deses dous artistas), que animou á xente a “mover o esqueleto”.

En terceiro lugar, e ao meu criterio, o mellor grupo que actou no festival; “Megapurple Sex Toy Kit”. Este grupo, aínda que non é de Ogrobe, está considerado de eiquí posto que, Marcos “Small”, tamén coñecido como “Peludo” é o dono dun local na Rúa Pombal chamado “Small”, ao meu parecer o millor do grobe. Esta banda de Rock Sicodélico, fixo que a xente alí reunida gozara dunha música estupenda e unha voz maxestuosa. Có seu rock maravillaron a todos os amantes da boa música que alí estabamos, e o guitarrista demostrou ser verdadeiramente bon.

En cuarto lugar actuou; “Analogic”. Ante todo, deste grupo dicir que non tocan nada mal, pero non foron precisamente un “revulsivo” para que seguira a festa. Demostraron calidade, pero o estilo de música que tocaron non pareceu convencer moito á xente, a parte do fallo engadido que foi o volumen que os altavoces tiñan, que era moi alto e facía tremer todo o local e que algunha xente saira con verdadeiro dor de oidos. Posibelmente se estiveran cun público máis “ao seu gusto”, tería gustado moito.

E por último, en quinto lugar actuaron os; “Telephones Rouges”. Voz agresiva, batería simple, guitarra con sons agudos, baixo sonoro e teclado altamente subido de ton e machacante son os compoñentes que, coma sempre, ofreceu esta banda de Rock/ New Wave/Soul a tódalas persoas que alí estabamos. Ofreceron un espectáculo coma nunca antes ofreceran, e, ademáis, contaron coa especial actuación de Nicolás (o arxentino) como baixista nunha canción. A xente bailou e berreou sen parar, en especial os seus incondicionales e amigos, o grupo “Punks & CompaNy”, que se deixaron ver polo festival.